En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Medalla olímpica no baloncesto feminino con sabor valdeorrés

A selección española, que dirixe Lucas Mondelo, de orixe barquense, é finalista nos xogos de Río e conta xa con medalla

Lucas Mondelo segue facendo historia no baloncesto feminino español. Ao seu palmarés como seleccionador español de baloncesto feminino absoluto só lle faltaba un título: unha medalla olímpica. Agora, tras o partido desputado na tarde do 18 de agosto entre España e Serbia en Río, Mondelo, de orixe valdeorresa, xa o pode engadir. O equipo español é, por vez primeira, finalista nuns xogos olímpicos e ademais asegura unha medalla.

A selección impoñíase con rotundidade e cun xogo seguro e impresionante ante as serbias xa dende o primeiro tempo, que concluía cun marcador de 33 a 28, favorable para as españolas. A partir de aí as xogadoras de Mondelo non daban nin un paso atrás e continuaban sumando puntos ata chegar a situarse en 53/38 ao rematar o terceiro cuarto para desesperación de Serbia, que non conseguía reaccionar e tan só lograba colleitar faltas.

Pola súa banda, España controlaba o xogo, tanto en ataque como en defensa, con gran acerto, especialmente nos derradeiros dez minutos do encontro, nos que reforzaba a súa superioridade. Así ata asegurarse a súa presenza nas finais e unha medalla olímpica cun marcador vitorioso de 68-54. A de bronce xa está asegurada, agora comeza a loita pola prata ou polo ouro, con Lucas Mondelo, nunca se sabe.

Artigos relacionados

Back to top button