DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Medallas e tobogán de auga para despedir o campus de fútbol da Rúa

A segunda semana do campamento de verán comezará o luns día 9 de xullo

Despois de cinco intensos días de deporte e diversión, a primeira quenda do campus de verán de fútbol sa Rúa chegaba ao final. E facíao da mellor forma posible: coa entrega de medallas e unha sesión de tobogán de auga no propio campo de fútbol O Novo Aguillón.

Nada mellor que pasar pola auga para refrescarse cando as temperaturas son tan elevadas como as sufridas no mediodía do 7 de xullo na Rúa. O día no que remataba a primeira semana de campamento organizada polo C.D. Rúa en colaboración co Concello. Por iso foi o propio concelleiro de Deportes Avelino Fernández quen entregaba as correspondendes medallas aos máis de 80 cativos inscritos nesta segunda edición do campus. E despois, todos correron a lanzarse polo tobogán. O broche de ouro á actividade.

A segunda quenda do campus comeza o luns 9 de xullo ás 10h.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button