A RúaConcellosÚltima hora

Medallas para 2 voluntarios de Protección Civil da Rúa polos seus 20 anos de servizo

 

Durante a V Xornada de Convivencia de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Ourense, que se celebraba este sábado en Castrelo de Miño, entregábanse unha serie de recoñecementos. Entre as persoas distinguidas estaban dous voluntarios da Agrupación de Protección Civil da Rúa.

Así a Asociación Nacional de Agrupacións e Asociacións de Voluntarios de Protección Civil de España outorgaba medalla de mérito, na categoría de prata con distintivo vermello, polos seus 20 anos de servizo a José Luis Dos Anxos García e a Pilar Álvarez Pérez. O acto contaba coa presenza do alcalde da Rúa, Álvaro Fernández, e da concelleira Joana Gómez.

Ademais, as agrupacións de Protección Civil da provincia, entre elas a da Rúa, recibían unha mención honorífica polo seu “labor voluntario e altruísta de servizo á cidadanía durante a pandemia”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button