DeportesGalerías de fotos

Medallas para o Club Escualos no campionato galego máster de verán

O equipo ourensán prepara a II Travesía a Nado Encoro Os Peares para o 19 de xuño

Preto dunha vintena de clubs galegos dábanse cita a pasada fin de semana no campionato galego máster de verán de natación celebrado na piscina Álvaro Pino de Ponteareas (Pontevedra). Entre eles, o Club Natación Escualos de Ourense, que sumaba un total de 233 puntos acadando o 14º posto na clasificación xeral malia viaxar con varias ausencias por lesión. O primeiro posto foi para o Club Natación Traviesas de Vigo, o segundo para Portamiña de Lugo e o terceiro para Máster Mos. Tal como explican dende o club ourensán, no apartado individual conseguían unha vintena de medallas “destacando as tres conseguidas nos relevos”.

Despois desta primeira participación nun campionato que valoran “moi positivamente”, os membros do club están inmersos na preparación das II Travesía a Nado Encoro Os Peares que organiza para o 19 de xuño.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button