EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

Media ducia de adegas valdeorresas, no túnel do viño para importadores americanos na CEO

No marco da misión inversa de importadores de Canadá e dos Estados Unidos, organizada pola CEO e que se está a desenvolver na provincia ata o 22 de xuño, incluíase na xornada do 19 de xuño un túnel do viño coa participación de 22 adegas ourensás (e 42 marcas) interesadas en iniciar ou ampliar as súas exportacións a eses mercados.

Neste túnel, dirixido pola sumiller Mercedes González da empresa MEbajadora, participaban seis adegas da Denominación de Orixe Valdeorras:

– O Cepado cos viños Cepado godello 2017 e co Cepado Black Edition 2017.

– Joaquín Rebolledo: Joaquín Rebolledo godello e Joaquín Rebolledo mencía.

– Godeval: Cepas Vellas 2017 e Godeval Revival godello 2014.

– Santa Marta: Viñaredo godello e Viñaredo barrica.

– Roandi: Dona Delfina e Domus.

– Melillas: Lagar do Cigur crianza garnacha e Lagar do Cigur mencía barrica.

Ademais os cinco importadores (Brenda Flores de Beyond Gourmet, José López de Passion Gourmet, Charles Baker de Cru Wine, Jeffrey Ludvinosky de Best Wine of Miami e Neil Ochoa de D. Vino) podían catar neste túnel os viños doutras 16 adegas ourensás: Bodegas Gallegas, Viña Costeira, Quinta do Rebolo, Adega Gandarela, Antonio Montero, Bodega Lombre, Bodegas Eduardo Peña, Cume do Avia, Cuñas Davia, Mauro Estévez, Nairoa, Sameirás, Val de Souto, Vilerma, Vinos con Personalidad e Son de Arreiro.

Fotos cedidas por Mercedes González.

Máis información:
https://www.osil.info/mision-inversa-de-eeuu-e-canada-en-ourense-para-o-sector-do-vino-e-produtos-gourmets/

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close