SociedadeÚltima hora

Médicos de diferentes partes de España e do estranxeiro percorren o Camiño de Inverno

Na mañá do 16 de setembro eran recibidos polo alcalde de Monforte de Lemos

O grupo de peregrinos co alcalde de Monforte de Lemos.

 

O goteo de peregrinos polo Camiño de Inverno, a ruta xacobea entre Ponferrada e Santiago de Compostela polo Bierzo, Valdeorras e Ribeira Sacra, é constante. Individualmente, en parellas ou en grupo, é rara a semana que non se vei algún camiñante coa mochila ás costas e o bastón na man. Algúns completan os máis de 200 quilómetros dunha sentada, outros por etapas en varias fins de semana.

Desta volta, era un grupo de peregrinos formado por 26 médicos de diferentes partes de España e do estranxeiro (entre eles Fernando Pensado, médico de profesión e ex alcalde de Palas de Rei), os que se animaban a facer o Camiño, sendo recibidos polo alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé, na mañá do 16 de outubro.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close