Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Medidas de reforma da Administración Pública e Transparencia para unha maior eficacia

O subdelegado do Goberno en Ourense presentou a xornada informativa en Ourense

Compracido “por este tipo de iniciativas formativas que redundarán na mellora dos servizos prestados á cidadanía sen descuidar a valorización e a eficiencia dos recursos que son de todos”, se amosaba o subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro na presentación da xornada informativa sobre as medidas adoptadas no marco da Comisión para a Reforma das Administracións Públicas (CORA), creada para corrixir as ineficiencias e redundancias competenciais detectadas nas mesmas.

A sesión tiña lugar na mañá do 7 de abril na Subdelegación, enmarcada no Plan de Formación das Delegacións do Goberno, na que estiveron presentes membros da Administración Xeral do Estado. A eles ía dirixida a análise dos resultados e do nivel de execución das medidas plantexadas para reformar a Administración.

Na súa intervención, Robero Castro agradeceu o esforzo polo desprazamento ata Ourense da directora da Oficina para a Execución da Reforma da Administración, Angelina Trigo, así como pola súa participación activa “nesta conferencia maxistral sobre as medidas de reforma da Administración Pública e Transparencia para unha maior eficacia; esforzo que lle agradezo persoalmente en nome de todos os que participamos da súa competencia e do seu entusiasmo”, dixo.

Artigos relacionados

Back to top button