EconomíaEconomíaÚltima hora

Axudas para a identificación de animais de compañía das persoas afectadas pola pandemia

A Consellería de Medio Ambiente asumirá o 70% dos custos no marco dun convenio co Consello Galego de Colexios Veterinarios

A conselleira de Medio Ambiente en funcións, Ángeles Vázquez e o vicepresidente do Consello Galego de Colexios Veterinarios, Ricardo Vecillas. / Foto: cedida.

 

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda asumirá o 70% dos custos de identificación dos aimais de compañía daquelas persoas afectadas pola crise sanitaria. Poderán beneficiarse aqueles cidadáns que sexan responsables dun can sen microchip e que se atopen nunha situación de vulnerabilidade económica, situación de desemprego, afectados por ERTE, reducción de xornada laboral e por motivos de coidados de menores ou maiores dependentes.

Este compromiso foi asinado hoxe, 25 de agosto, pola conselleira de Medio Ambiente en funcións, Ángeles Vázquez e o vicepresidente do Consello Galego de Colexios Veterinarios, Ricardo Vecillas. A distribución dos elementos necesarios para a identificación e rexistro dos animais no Rexistro Galego de Animais de Compañía (REGIAC) repartirase entre os 767 veterinarios autorizados de xeito gratuíto. O convenio tamén inclúe a elaboración dun protocolo de limpeza e hixiene dos animais de compañía para a implantación nos 31 centros de recollida de animais abandonados autorizados. Tamén servirá para prestar asesoramento técnico aos responsables destes centros para a instauración de dito protocolo.

 

Imaxe da firma do convenio. / Foto: cedida.

 

Ambas entidades consideran esencial este tipo de mecanismos para reactivar os procesos de adopción e identificación de animais domésticos que se viron afectados como consecuencia da situación económica e social derivada da pandemia do coronavirus.

 

Artigos relacionados

Back to top button