ConcellosÚltima hora

Medio Ambiente destinará 200.000 euros a mellorar a rúa Padre Eiján en Leiro

Augas de Galicia investirá 20.000 na redacción do proxecto da nova pasarela no río Avia
O alcalde de Leiro e a conselleira de Medioambiente suscribiron o convenio de colaboración hoxe.
O alcalde de Leiro e a conselleira de Medioambiente suscribiron o convenio de colaboración hoxe.

A Consellería de Medio Ambiente colaborará co Concello de Leiro para acondicionar a rúa Padre Eiján. Así o sinalou hoxe a titular deste departamento da Xunta, Beatriz Mato, que asinou un convenio para formalizar isto co alcalde do municipio, Francisco José Fernández. Concretamente, o goberno galego aportará preto de 200.000 euros para financiar esta actuación, que se enmarca no Plan Hurbe.

A iniciativa vai permitir realizar “unha mellora efectiva dun espazo importante para a vida cotiá” dos veciños, dixo Mato. A devandita rúa é unha das principais arterias do núcleo urbano da vila. A obra tamén contempla unha mellora dos accesos á rúa, tanto peonís como rodados, a ampliación e mellora do alumeado actual e a renovación das infraestruturas básicas.

Por outra banda, a conselleira tamén sinalou que Augas de Galicia achegará uns 20.000 euros para financiar a redacción do proxecto de construcción dunha nova pasarela sobre o río Avia. Esta futura infraestructura vai permitir volver conectar os seis quilómetros de paseo polas ribeiras deste río.

Artigos relacionados

Back to top button