ConcellosGalerías de fotos

Medio Ambiente e a Confederación do Douro traballan nun marco de colaboración

A Casa Consistorial de Verín acollía unha reunión entre o Concello, a Consellería de Medio Ambiente e o organismo de conca transfronteirizo

Un dos momentos da reunión.

As obras de mellora da Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) de Verín comenzarán neste mes de setembro. Era un dos anuncios que se facían tras a reunión celebrada o 12 de setembro nesta localidade ourensá entre o Concello, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e a Confederación Hidrográfica do Douro.

O obxectivo destas obras é incrementar a eficacia do tratamento das augas, “co que se solucionarán os problemas de turbidez que se veñen producindo, sobre todo en época de chuvias, xa que se colmatan os filtros da estación”, segundo se informa dende o Concellode Verín.

No decurso da xuntanza, na que participaban o alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, a conselleira de Medio Ambiente, Ethel Vázquez, e o presidente da Confederación Hidrográfica do Douro, José Valín Alonso, tamén se achegaron posturas entre Medio Ambiente e a confederación de cara a establecer un marco de colaboración destinado a mellorar a situación de abastecemento e saneamento dos concellos galegos que se integran na Conca Hidrográfica do Douro.

Os municipios da provincia de Ourense integrados na nesta bacía son: Verín, Laza, Monterrei, Riós, Oímbra, Castrelo do Val, Vilardevós, A Mezquita e A Gudiña.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button