ConcellosÚltima hora

Medio Ambiente e o Concello de Oímbra poderán colaborar en materia de residuos

Cruz Ferreira e Ana Villarino.

A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Cruz Ferreira Costa, mantivo esta mañá unha reunión coa alcaldesa de Oimbra, Ana Villarino, para analizar as necesiades en materia de residuos deste concello.

A directora xeral trasladoulle a posibilidade de establecer liñas de colaboración entre a Conselería e o Concello para mellorar a ratio de reciclaxe de residuos e promover unha cultura de economía circular neste municipio, coa que dar unha segunda vida ou oportunidade aos residuos urbanos que se xeran.

Ferreira Costa explicou que facer partícipes aos veciños de Oimbra na cultura da reciclaxe é unha ferramenta que garante o coidado do medio ambiente, ao evitar a proliferación dos residuos nas contornas.

Artigos relacionados

Back to top button