Concellos

Medio Ambiente estudará posibilidades para mellorar o abastecemento de Esgos

A conselleira de Medio Ambiente visitou esta mañá o Concello de Esgos
A conselleira de Medio Ambiente reuniuse esta mañá co alcalde de Esgos.

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, reuniuse esta mañá co alcalde do Concello de Esgos para coñecer de primeira man a situación do sistema de abastecemento. Así, ambos líderes analizaron a posibilidade de levar a cabo unha serie de actuacións para mellorar dita rede nesta localidade ourensana co fin de completar o seu servizo.

A conselleira tamén recordou que Augas de Galicia leva investidos máis de 600.000 euros en varias actuacións en materia de saneamento e abastecemento no municipio, polo que anunciou que estudará que accións melloran os sistemas para poñer en valor a rede actual.

Artigos relacionados

Back to top button