ConcellosÚltima hora

Medio Ambiente pon en valor dúas rutas entre Porqueira e Calvos de Randín

Os traballos implicaron o desbroce de maleza, construción e reposición de pontes, instalación de pasamáns e de sinalización
Visita a Calvos de Randín.

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio rematou as actuacións para a posta en valor de dúas rutas de sendeirismo que unen os concellos de Calvos de Randín e A Porqueira. A directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, supervisou hoxe, 2 de novembro, estas actuacións ás que o departamento que dirixe destinou 43.700 euros.

A directora explicou que o obxectivo desta actuación foi o de mellorar este espazo de uso público, para potenciar o seu valor turístico, poñer en valor o seu patrimonio cultural e conservar as áreas recreativas dos concellos galegos, como é a ruta de sendeirismo das fervenzas do río Fírveda, en Porqueira, e a ruta que une coa das Carballeiras de Castelaus, en Calvos de Randín.

En ambos os dous casos, os traballos consistiron no desbroce e acondicionamento de rutas, e a colocación de sinais para o seguimento das rutas, naqueles puntos onde resultaba escasa ou confusa.

Supervisión dos traballos na porqueira.

No caso de Porqueira, tamén se retirou unha ponte de madeira, que presentaba un mal estado, e construíse unha nova pasarela cunha nova barandilla protectora; e executáronse traballos de desbroce manual na contorna dos cinco muíños existentes ao longo da ruta. Por último, tamén se instalou un pasamáns no acceso ao mirador da fervenza.

Por outro lado, tamén se construíu unha pasarela peatonal de madeira de nove metros de lonxitude sobre o río Fírveda, coa que se pecha o circuíto da ruta das Fervenzas neste río.

Artigos relacionados

Back to top button