Sanidade

Medio centenar de médicos galegos falan en Ourense de incontinencia fecal e urinaria

O Colexio Oficial de Médicos acolleu a I Xornada Multidisciplinar sobre incontinencia na que expertos do CHUO e do CHUVI falaron dos novos avances na materia
Medio centenar de especialistas acudiron para coñecer as novidades no campo da incontinencia.

 

Máis de medio centenar de médicos de toda Galicia reuníronse hoxe no Colexio Oficial de Médicos de Oruense para asistir á I Xornada Multidisciplinar sobre incontinencia fecal e urinaria en Galicia. Estes doutores son especialistas en xinecoloxía, uroloxía, cirurxía e Atención Primaria co obxectivo de compartir as últimas novidades en tratamento e abordaxe nas patoloxías que afectan ao suelo pélvico.

As relatorio correron a cargo de expertos en cada especialidade e aportaron a súa experiencia en cada campo e valoraron como lograr unha mellor abordaxe para estes pacientes, dende que son diagnosticados ata que reciben o tratamento máis axeitado. Entre os poñentes había especialistas dos Complexos Hospitalarios Universitarios de Ourense e Vigo como Enrique Casal Núñez, Manuel García García, David Gómez Sánchez, Dionisio López Bellido, María Concepción Martín García, Olga Maseda Díaz, Alberto Pájaro Calvo e José María Merino.

 

Artigos relacionados

Back to top button