DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Medio cento de clásicos percorre Valdeorras o Domingo de Pascua

A III concentración de coches de Larouco tiña lugar na mañá do 21 de abril con visita a Vilamartín

Moi intensa está sendo a actividade deste Domingo de Pascua na comarca de Valdeorras, con cultos, festas e xuntanzas. Xa de boa mañá, mentres nas diferentes parroquias se preparaban para despedir a Coresma, en Vilamartín de Valdeorras arrancaba unha nova xornada das festas patronais, e en Larouco comezaban a chegar as xoias do motor inscritas na III edición da Concentración de Clásicos.

Organizada por un grupo de amigos afeccionados ao motor (Laroucautos) en colaboración co Concello e coa Comisión de Festas de Vilamartín, a xuntanza reunía este ano a medio cento de coches (todos con máis de 25 anos) chegados dende diferentes puntos da comarca así como doutros lugares como Asturias, Ourense, Ponferrada ou León.

O programa arrancaba coa exposición dos vehículos a carón da cooperativa de Larouco onde os afeccionados puderon ver de preto os coches (por fóra e tamén por dentro, incluso o motor). Así marcas como Seat, Peugeot, Simca, BMW, Citroën ou Renault fixeron as delicias dos curiosos antes de que os participantes comezasen a ruta por estradas secundarias atravensando Petín, Barxela, Penouta,… ata Vilamartín. Alí, en plenas Festas de San Xurxo, os coches permaneceron expostos na praza mentres os condutores degustaban uns petiscos. Xa de regreso, a III Concentración Concello de Larouco remataba cun xantar no polideportivo.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button