DeportesÚltima hora

Medio cento de deportistas barquenses, nos Xogos do Eixo Atlántico en Braga

Delegación barquense nos Xogos do Eixo en Braga./ Foto cedida.

Do 8 ao 12 de xullo a cidade portuguesa de Braga será escenario dos Xogos do Eixo Atlántico, nos que participarán 1.800 mozos (con idades comprendidas entre os 13 e os 16 anos) que competirán en 9 modalidades deportivas, dúas delas de deporte adaptado.

Dentro dese conxunto de xoves hai participantes de once concellos galegos, un deles é o do Barco. Así dende este municipio valdeorrés viaxaban a Braga 54 representantes (48 deportistas e 6 técnicos). Hai un equipo de fútbol, 2 de baloncesto (masculino e feminino), e unha selección de atletismo.

O concelleiro de Deportes, Aurentino Alonso, trasladábase tamén a Portugal para acompañar aos deportistas barquenses no acto de inauguración que comezaba ás cinco e media desta tarde d luns 8 de xullo.

Artigos relacionados

Back to top button