EconomíaEconomíaEn portadaÚltima hora

Medio cento de establecementos valdeorreses, na Rede de Comercios e Mercados no Camiño

Foto cedida.

 

Medio cento de comercios pertencentes á Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) e ao Centro Comercial Aberto (CCA) xa están integrados na Rede de Comercios e Mercados no Camiño.

A adhesión a esta rede, da Consellería de Economía, Emprego e Industria e da Dirección Xeral de Comercio, “permite aos establecimientos comerciais beneficiarse das actividades de dinamización que se leven a cabo no marco do Xacobeo 2021; así como de axudas para editar material promocional e de empaquetado, ou selos para as credenciais dos camiñantes”, tal e como informan dende as dúas asociacións empresariais citadas.

Nese senso, nos últimos días, os comercios adheridos do Barco e A Rúa, localizados en pleno Camiño de Inverno, comezaron a recibir un distintivo identificativo para o seu local e un pack de benvida con diferentes elementos promocionais, como son pulseiras de tea ou caramelos.

A Xunta de Galicia busca, a través de esta Rede de Comercios e Mercados no Camiño, dinamizar o sector comercial do Camiño, “potenciando as vendas e a visibilización dos comercios e mercados situados nos Caminos de Santiago”; e “mellorar os servizos comerciais ofrecidos aos camiñantes”.

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close