OurenseÚltima hora

Medio cento de nenos verineses, no campamento do albergue “A Vilavella” en A Mezquita

A través desta iniciativa búscase que “os cativos coñezan a natureza e impulsar o respecto por ela”, segundo o Concello de Verín
Nenos que participan no campamento.

Do 20 ao 26 de agosto un grupo de corenta e cinco nenos, con idades comprendidas entre os 8 e 11 anos, participaràn no campamento do albergue da estación de ferrocarril de “A Vilavella” en A Mezquita.

Esta iniciativa, organizada a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín, ten como obxectivo que “os cativos coñezan a natureza, impulsar o respecto pola natureza mediante actividades lúdicas e educativas, coñecer a importancia do reciclaxe e a convivencia entre eles e co entorno”, tal e como se informa dende esta administración local.

Por este motivo, “e co fin de recibir unha educación ambiental que lles incentive o respecto e conservación da fauna e flora”, realizarán, a través do xogo e a diversión, actividades como BTT, xeocaching, tiro con arco, parque multiaventura (rocódromo, tirolinas, pontes tibetanos…), piscina, acampada, rastrexo fotográfico, visitas guiadas e veladas de convivencia, tal e como se informa dende o Concello de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close