Medio cento de mozos ourensáns, entre eles os seminaristas da Diocese de Ourense, participaron nas Xornadas Mundiais da Xuventude celebradas en Cracovia, co papa Francisco. Tamén asistiu o bispo ourensán, Leonardo Lemos, xunto co representante da Delegación de Xuventude de Ourense, David Muñoz.
Primeiramente deron a benvida ao Papa Francisco, co que despois celebraron un Vía Crucis. Os actos centrais serán durante os días 30 e 31 de xullo. O sábado levarase a cabo unha vixilia de oración ás 19:30h. O domingo, a misa de clausura e envío será ás 10h.