EconomíaEconomíaÚltima hora

Medio cento de participantes no casting infantil para a pasarela “O Barco de Moda”

O Paseo do Malecón nas proximidades do río Cigüeño convertíase en pasarela de moda infantil na tarde do 12 de setembro. Medio cento de nenas e nenas participaban no casting que realizaba a Axencia Luena para seleccionar modelos de cara á pasarela “O Barco de Moda” que organizará o vindeiro 21 de setembro O Barco Centro Comercial Aberto (CCA).

Cada un dos rapaces inscritos recibía como agasallo unha bolsiña de doces xunto cos aplausos dos asistentes. A partires das oita da tarde tocaralle o turno aos adultos nun novo casting.

Fotos: A.R.

Máis fotos:
https://osil.info/o-casting-de-maiores-para-a-pasarela-o-barco-de-moda-en-imaxes/

Artigos relacionados

Back to top button