OurenseÚltima hora

Medio cento de rapaces coñecen os beneficios do peixe na alimentación

A conselleira visita en Ourense o obradoiro O sabor da aventura está no mar, que busca fomentar o consumo de peixe entre os máis cativos
Un momento da visita de Quintana e Vázquez ao obradoiro O sabor da aventura está no mar.
Un momento da visita de Quintana e Vázquez ao obradoiro O sabor da aventura está no mar.

Uns cincuenta rapaces en idade escolar participaron onte en Ourense no obradoiro O sabor da aventura está no mar, unha iniciativa enmarcada na programación da Semana do Mar que busca fomentar o consumo de peixe na alimentación dos máis cativos. A conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou a cidade para coñecer de preto como se está a levar a cabo a actividade, na que colabora o goberno autonómico. Estivo acompañada do alcalde, Jesús Vázquez. Pola súa banda, Quintana destacou que se trata dun programa que conta co visto bo da Comisión Europea, ao poñelo como exemplo de boas prácticas.

Durante a actividade, os nenos descubriron a elaboración de receitas de ensalada mariñeira e sushi. Trátase de combinar coñecementos dun xeito lúdico e formativo, adaptado ao público infantil dos centros escolares, aínda que tamén se ten levado a cabo en campamentos urbanos e no marco doutras actividades infantís.

Artigos relacionados

Back to top button