ConcellosÚltima hora

50 nenos verineses participan no Campamento do Invernadoiro

Coñecerán o entorno do parque natural até o vindeiro día 27
Imaxe do grupo que forma parte deste primeiro campamento no Invernadoiro.
Imaxe do grupo que forma parte deste primeiro campamento no Invernadoiro.

Un grupo de cincuenta nenos de Verín, con idades comprendidas entre os nove e os 15 anos, participan dende hoxe luns 22 e até o vindeiro 27 de agosto no primeiro grupo do campamento do Parque Natural do Invernadoiro deste ano.

A iniciativa ten como obxectivo que os cativos coñezan a natureza, á par que aprenden o respecto pola natureza mediante actividades lúdicas e educativas, así como descubrir a importancia da reciclaxe e a convviencia cos compañeiros e co entorno.

Está organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button