Publicidade
EconomíaEconomíaViticultura

Medio cento de viños de denominacións ourensás, recoñecidos coas Distincións Gallaecia 2017

A cata final deste concurso desenvolvíase en Vilamartín e nela resultaban galardonados 14 marcas de Valdeorras, 16 do Ribeiro, 8 de Monterrei e 12 da Ribeira Sacra
Algúns dos membros do panel de cata, durante a cata final./ Foto: Asociación de Sumilleres Gallaecia.

Coincidindo co seu 20º aniversario, a Asociación de Sumilleres Gallaecia escollía a comarca valdeorresa, e máis en concreto Vilamartín (no Paladium) para celebrar a cata final das Distincións Gallaecia 2017. Neste concurso, que comezaba cunha cata previa nos meses de xuño, xullo e agosto polas diferentes denominacións de orixe, participaban nesta edición 669 viños e destilados galegos e montábanse 16 paneis de cata formados por 48 catadores galegos, ademais de por sumilleres de Madrid, Castela e León, Asturias e Reino Unido.

Dese conxunto de viños pasaban á cata final unha selección de viños que volvía a ser valorada polos técnicos. En total outórganse 77 Distincións Gallaecia, das cales 50 corresponden a viños de denominacións de orixe ourensás. Así a D.O. Valdeorras vén de conseguir 14 distincións, O Ribeiro 16, a Ribeira Sacra 12 e Monterrei 8. Ademais colleitan tamén distincións un total de 29 destilados.

 

A cata final tiña lugar no Complexo Hostaleiro Paladium en Vilamartín./ Foto: Asociación de Sumilleres Gallaecia.

Neste caso o panel de cata estaba formado 14 catadores, eran aqueles que tiñan participado no maior número de catas previas deste ano e por técnicos dos consellos reguladores:

• Luis Paadín (Presidente Gallaecia – Autor de la Guía de Vinos de Galicia)
• Alejandro Paadín (Secretario General Gallaecia – Gerente Servino Consulting)
• Pedro Sestayo (Tesorero Gallaecia – Formador de hostelería)
• Javier Facal (Sumiller-jefe de bebidas del Grupo El Huerto)
• Juan Carlos Liste (Formador de hostelería-Consultor Vinícola)
• Luis Javier López (Sumiller La Cantina del Almacén)
• Julio Blanco (Propietario La Cantina del Almacén)
• Eduardo Ucha (Sumiller del rest. La Marina Dávila)
• Carlos Ximénez (Enólogo – Formador)
• Rebeca André (Miembro del panel de calificación D.O. Monterrei)
• José Dopazo (Miembro del panel de calificación D.O. Rías Baixas – Sumiller Makro Galicia)
• Xosé Carballido (Miembro del Comité Certificación D.O Ribeiro)
• Jorge Mazaira (Director Técnico D.O. Valdeorras)
• Santiago Pérez (Técnico del C.R. D.O: Valdeorras)

 

DISTINCIÓNS GALLAECIA 2017 POR DDOO

 

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close