ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Medio milleiro de persoas renden culto á castaña en Trives

O Magosto trivés comezaba ás seis e media desta tarde de 10 de novembro en Santa Leonor

Santa Leonor convertíase nesta tarde de 10 de novembro en escenario da celebración do Magosto en Trives. Ás catro da tarde comezaban na biblioteca as actividades e manualidades relacionadas coas castañas do obradoiro infantil de outono para nenos de entre 3 e e 12 anos. A esa mesma hora comezaba a retransmisión en directo do programa “Aquí Galicia” dende Trives e ás 18:30h. comezaban os festexos do Magosto propiamente dito.

 

 

Nel unhas 500 persoas desfrutaban desta tradición en torno á mesa degustando chourizos e castañas. E, como sobremesa, as delicias do certame de doces típicos de outono convocado polo Concello de Trives. Tamén se entregaba o premio ás ganadoras do concurso “Magosto Literario”.

 

 

Nesta galería de imaxes poden verse diversos momentos do Magosto, no que tamén colaboraba Protección Civil de Trives (que aparece nunha das fotos xunto á presentadora de “Aquí Galicia”, Lucía). Ademais Juan, o responsable do son, animaba o ambiente da festa.

Fotos: Carlos G. Hervella, agás tres últimas da galería que son do Concello de Trives.

Máis información e fotos:
https://osil.info/trives-entrega-os-premios-do-seu-magosto-literario/

Artigos relacionados

Back to top button