PolíticaÚltima hora

Medio Rural cederá unha motobomba ao Concello da Rúa “tan pronto haxa dispoñibilidade”

Así o anunciou o director xeral de Defensa do Monte no Parlamento Galego en resposta a unha pregunta da deputada ourensá do BNG, Noa Presas

O director xeral de Defensa do Monte, Tomás Fernández-Couto, asegurou esta mañá do día 4 de xullo na Comisión 7ª do Parlamento que a Consellería do Medio Rural cederá unha motobomba ao Concello de A Rúa respondendo a unha pregunta da deputada ourensá do BNG, Noa Presas. Esta parlamentaria tamén lle preguntaba polas súas razóns para “discriminar este concello na distribución de medios para ese fin”.

 

O director xeral de Defensa do Monte, Tomás Fernández-Couto.

 

Pola súa banda, o representante da Consellería indicou que todo o territorio galego está cuberto con medios humanos e materiais para combater os incendios forestais, pero que debido ao alto custo deste tipo de vehículos, trátase dun traballo gradual, en función da dispoñibilidade e da planificación do servizo de incendios.

Artigos relacionados

Back to top button