ConcellosSen categorizarÚltima hora

Medio Rural comeza as obras nos camiños de Guillamil-Sabariz, en Rairiz de Veiga

A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, comprometeuse a convocar unha xuntanza cos propietarios para tratar a contratación de Congostro

 

Ángeles Vázquez recibiu a alcaldesa de Rairiz de Veiga, Asunción Morgade.

A Consellería de Medio Rural inicia as obras dos camiños principais da parcelaria Gullamil-Sabariz, en Rairiz de Veiga, así llelo comunicou a Conselleira, Ángeles Vázquez, á alcaldesa do municipio, Asución Morgade; á concelleira Mari Carmen Prieto e a varios veciños co concello, hoxe nunha reunión que mantiveron en Santiago para tratar o avance de devanditas execucións. Os traballos desenvolveranse durante este ano e o próximo e custarán preto de 1,8 millóns de euros, informan fontes de Medio Rural.

Nesta concentración, con bases definitivas dende 2013, lévanse investidos xa máis de 2,2 millóns de euros “e beneficiarán a 1.077 propietarios”. A superficie afectada é de 1.367 hectáreas divididas en 19.703 parcelas.

As voceiras municipais interesáronse tamén pola concentración de Congostro, pendente da Declaración de Impacto Ambiental. Ángeles Vázquez sinalou que tratará de dar un impulso a esta situación e comprometeuse a que a Consellería convocará unha xuntanza cos veciños unha vez se coñezan os resultados do informe. “Trataremos de buscar unha alternativa que convenza a todas as partes implicadas”, sinalou a titular de Medio Rural.

A Conselleira lembrou que o peche administrativo de todas as reestruturacións parcelarias abertas na nosa comunidade é un compromiso do Goberno galego para os próximos catro anos. Así, no 2016 investíronse ata 23,4 millóns de euros a este fin, co obxectivo de potenciar as explotacións e mellora da calidade de vida no agro galego. Segundo os datos aportados dende Medio Rural, con este orzamento ordenáronse 26 zonas, unhas 21.000 hectáreas, das que se beneficiaron 17.838 propietarios.

Artigos relacionados

Back to top button