EconomíaEconomíaÚltima hora

Medio Rural creará un grupo de traballo para fomentar os seguros no sector da castaña

Na reunión celebraba pola comisión territorial de seguros analizábanse os datos do programa promovido pola consellería para fomentar a contratación de pólizas no ámbito vitivinícola
Ourizo de castañas./ Foto: Fran Domínguez.

Na Consellería do Medio Rural tiña lugar na mañá do 19 de xullo unha reunión da comisión territorial de seguros agrarios. Entre os datos analizados no encontro a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, sinalaba os cinco millóns de euros que este ano achegaranse para subvencionar as distintas liñas de seguros en Galicia.

Co obxectivo de fomentar a contratación de seguros, Medio Rural “non só apoia económicamente as pólizas, senón que tamén exerce campañas de divulgación e faino da man do propio sector. Así, desenvolveu accións coas cinco denominacións orixe de viños, tamén ofreceu charlas sobre a pataca e o cereal, para o sector da flor e planta ornamental e, por último, para o vacún de leite”, din dende a consellería.

 

Imaxe da reunión celebrada na Consellería do Medio Rural.

 

Durante a xuntanza, analizáronse tamén os bos resultados do programa iniciado por Medio Rural co fin de fomentar a contratación de seguros no ámbito vitivinícola. O plan consistiu na creación dun grupo de traballo onde estiveron presentes todas as denominacións de orixe galegas e da Evega, como centro especializado, e desta mesa saíu unha proposta de revisión dos prezos das indemnizacións que finalmente foi incorporada por Enesa.

Dado o éxito desta idea, no encontro acordouse seguir o mesmo esquema no eido da castaña. De feito, o secretario da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Castaña de Galicia participou na reunión e decidíase constituír un grupo de traballo para fomentar a contratación de pólizas no sector.

Artigos relacionados

Back to top button