EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Medio Rural desenvolverá unha estratexia de dinamización das comarcas vitivinícolas galegas

Adiantábao o conselleiro José González na visita que realizaba na mañá do 20 de febreiro a Valdeorras

A sede do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, en Vilamartín, era o primeiro dos lugares que visitaba na mañá do 20 de febreiro o conselleiro do Medio Rural, José González. Ás dez e media participaba na sesión plenaria que celebraba esta entidade. No seu decurso anunciaba a “inminente estratexia de dinamización das comarcas vitivinícolas galegas”, na que tomarán parte, ademais da Consellería do Medio Rural, Cultura e Turismo.

“Pretendemos que sexa un plantexamento integral do que debe ser o desenvolvemento do territorio ligado ao viño, no que participen todos os axentes do territorio: denominación de orixes, xeodestinos e GDRs. Desa estratexia sairá o futuro destas comarcas”, aseguraba o conselleiro.

Ademais, José González falaba de mobilización de terras e da “aposta que está a facer Medio Rural polo sector do viño” a través de tres liñas principais de axudas: para a reestruturación e reconversión de viñedo “na que este ano houbo novidades”, para transformación e comercialización e para promoción e internacionalización.

Despois o conselleiro visitaba dúas adegas valdeorresas: A Coroa na Rúa e a cooperativa do Barco.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button