En portadaÚltima hora

Medio Rural investiga “presuntas incidencias” na Oficina Agraria Comarcal do Barco

Como medidas provisionais a consellería suspendeu provisionalmente de funcións a dous funcionarios interinos desta oficina e trasladou toda a documentación á Asesoría Xurídica Xeral da Xunta

Exterior da Casa Grande de Viloira (O Barco), onde está a sede da Oficina Agraria Comarcal.

 

Segundo puido confirmar o Periódico O SIL, dende a Consellería do Medio Rural estase a investigar dende hai uns días certas actividades da Oficina Agraria Comarcal (OAC) do Barco. “A Consellería do Medio Rural recibiu unha denuncia sobre presuntas incidencias detectadas na tramitación de varios expedientes administrativos, na que supostamente participaron dous funcionarios interinos da Oficina Agraria Comarcal do Barco”, tal e como se informa dende este departamento autonómico.

Ademais dende Medio Rural asegúrase que, “tendo en conta os feitos descritos na denuncia, e sempre respectando a presunción de inocencia dos afectados, actuouse de inmediato, co obxectivo de esclarecer os feitos e adoptar as actuacións oportunas, conforme á normativa vixente”.

Neste sentido, e de acordo á normativa do emprego público de Galicia, adoptáronse pola Consellería do Medio Rural “as medidas provisionais idóneas para un caso destas características, entre elas a suspensión provisional de funcións destes funcionarios, así como o traslado de toda a documentación á Asesoría Xurídica Xeral da Xunta, para os efectos oportunos”.

 

Entrada principal á Casa Grande de Viloira (O Barco).

Artigos relacionados

Back to top button