En portadaÚltima hora

Medio Rural prohibe as queimas agrícolas e forestais

As condicións meteorolóxicas e o Índice de risco de lume obrigan á prohibición que será efectiva dende mañá a partires das 00:00 horas

A partires das 00:00 horas de mañá quedarán prohibidas as queimas de restos agrícolas e forestais en Galicia. Isto implica que quedan tamén en suspenso os permisos xa concedidos, posto que as comunicacións e autorizacións de queima carecerán de validez dende o momento da prohibición.

Así o informan dende a Consellería do Medio Rural que tomaba a decisión “despois de avaliar as actuais condicións meteorolóxicas e as súas previsións, así como a situación do Índice de risco diario de incendio forestal (Irdi)”. Tívose tamén en conta que a normativa –Decreto 105/2006, polo que se regulan medidas relativas á prevención de incendios forestais, á protección dos asentamentos no medio rural e á regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais– prohibe as queimas cando as condicións meteorolóxicas poidan dificultar o seu control.

Dende Medio Rural piden a “colaboración da cidadanía para que extreme as precaucións e denuncie calquera actividade delituosa incendiaria da que teña coñecemento” e lembran que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

Artigos relacionados

Back to top button