ConcellosÚltima hora

Medio Rural prohibe as queimas agrícolas a partir do 10 de abril “polas condicións meteorolóxicas”

Ante as previsións para os vindeiros días, a Consellería informa de que “as comunicacións e autorizacións de queima carecen de validez”

 

 

Tendo en conta as “condicións actuais de vento e as previsións para os vindeiros días”, a Consellería do Medio Rural vén de emitir un comunicado no que informa de que “as queimas de restos agrícolas e forestais quedan prohibidas en Galicia a partir de mañá e ata novo aviso. Isto implica que quedan tamén en suspenso os permisos xa concedidos, xa que as comunicacións e autorizacións de queima carecerán de validez dende o momento da prohibición”.

Dende Medio Rural aseguran que a decisión tomouse “tras avaliar a evolución da situación meteorolóxica e unha vez analizados polo miúdo os diferentes indicadores técnicos que inciden no risco de lume. Tamén tendo en conta que a normativa –Decreto 105/2006, polo que se regulan medidas relativas á prevención de incendios forestais, á protección dos asentamentos no medio rural e á regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais– prohibe as queimas cando as condicións meteorolóxicas poidan dificultar o seu control, especialmente nos días de vento”.

Artigos relacionados

Back to top button