Medio Rural soltará este ano 790.000 individuos de Torymus sinensis para loitar contra a avespiña do castiñeiros

Imaxe dunha solta anterior de exemplares de Torymus.

Co obxectivo de frear a expansión da praga da avespiña do castiñeiro (de nome científico Dryocosmus kuriphilus), a Consellería do Medio Rural ten previsto liberar este ano uns 790.000 individuos de Torymus sinensis na comunidade galega. Así o sinalaba a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, na mañá do 14 de maio durante a solta de parasitos do gorgullo do eucalipto (Gonipterus platensis) no concello coruñés de Boqueixón

O Torymus sinensis é un depredador natural da avespiña e parasita as súas postas. Esta nova solta de Torymus súmase ás realizadas dende 2015, que supuxeron a liberación de máis de 200.000 individuos en total, segundo Medio Rural.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies