CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Medio século de formación no IES Martaguisela do Barco, tesela a tesela

 

De maneira simbólica, e aunando nun mesmo proxecto a alumnos que pasaron polas súas aulas, aos que aínda continúan nelas e aos que virán, o IES Martaguisela celebraba de forma creativa os seus 50 anos de vida. Na mañá do venres, 4 de xuño, elaborábase un mural con pezas de azulexo que cubría a parte inferior das dúas frontes do edificio do centro.

A iniciativa, coordinada polo artista barquense Gerardo Rodríguez Ramos “Chere” e polo seu irmán Manuel (ambos ex alumnos do instituto), implicaba aos estudantes do Martaguisela que, por quendas, ían pasando pola diferentes zonas do mural para contribuír co seu traballo á obra.

Ademais, tamén o facían alumnos do CEIP Otero Pedrayo de Viloira e do Julio Gurriarán que o vindeiro curso se incorporarán a este instituto. Así mesmo poñían teselas profesores do IES e dos citados colexios, algúns deles antigos alumnos tamén, así como antigos profesores, ademais doutros representes da vila como o alcalde barquense.

O resultado deste labor e esforzo conxunto é este que pode verse nestas imaxes. Un traballo que xungue a xeracións diferentes que, con este mural, deixan a súa impronta para as futuras.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button