ConcellosÚltima hora

A medula das Médulas, na exposición fotográfica de Nica Mares en Verín

O traballo deste autor, natural de Cualedro, estará exposto na do 19 de outubro ao 15 de novembro na sala de exposicións deste concello ourensán

 

Cartel da exposición de Verín.

A medula é “o corazón dos castiñeiros e estas árbores son o corazón das Médulas” di Nica Mares (Cualedro, 1970), que retrataba no ano 2014 coa súa cámara esta paisaxe do Bierzo, froito da intervención mineira romana. O resultado dese traballo exporase do 19 de outubro ao 15 de novembro na Sala de Exposicións de Verín. A mostra “O corazón das Médulas” poderase visitar dos luns aos venres das 17 a 21 h, e os sábados de 10 a 14 e de 17 a 20:30 h.

Nica Mares non tivo a intención de plasmar os picudos farallóns, nin as areas roxiñas, nin amosar unha visión xeral do Parque Cultural das Médulas (Ben de Interese Cultural, Monumento Natural, Patrimonio da Humanidade), senón que buscaba resaltar as formas, texturas e cores dos numerosos castiñeiros que poboan o seu interior. Estas árbores centenarias, Patrimonio da Humanidade dentro do Patrimonio da Humanidade, no seu interior teñen a medula, protexida polas súas codias.

Nica Mares é socio de AEFONA (Asociación Española de Fotógrafos de Naturaleza) e desenvolve o seu traballo fotográfico no ámbito do paisaxismo. Tralo seu paso pola Escola de Arte Antonio Faílde, realizou varios cursos específicos sobre composición e paisaxismo, impartidos por fotógrafos tan recoñecidos como José Benito Ruiz, Rosa Isabel Vázquez ou José Antonio Fernández. O corazón das Médulas e a súa primeira exposición individual.

Artigos relacionados

Back to top button