EconomíaEconomíaÚltima hora

Megascolia, non confundir coa Vespa velutina

Esta especie europea, con exemplares de enorme tamaño, resulta inofensiva e pode verse en lugares como Manzaneda

Ante a problemática que está supoñendo a expansión da Vespa velutina, unha especie invasora, e a difusión que está tendo nos medios de comunicación, cada vez que se atopa unha vespa de gran tamaño xurde a dúbida e a preocupación.

Sen embargo, hai especies de avespas europeas en Galicia, de tamaño bastante superior ao das velutinas e inofensivas. É o caso da Megaescolia, vista recentemente en Manzaneda, como pode comprobarse nestas imaxes.

 

 

A Megascolia está considerada un dos xéneros de avespas máis grandes de Europa, puidendo alcanzar os 4 cm. Sen embargo, “resulta inofensiva, aliméntase de polen e néctar. Son ademais avespas solitarias, que non están en colonias”, sinala o experto Lolo Andrade, técnico de Protección Civil de Cambre (A Coruña).

Fotos: Teodoro Suárez.

Artigos relacionados

Back to top button