CulturaCultura

“Meigallo”, a impronta valdeorresa no xénero do “terror galego”

É a primeira novela do escritor e avogado barquense Miguel Garrido de Vega
O escritor barquense Miguel Garrido de Vega coa súa primeira novela “Meigallo”.

Tras deixar atrás Vilalba, o aragonés Alonso de la Hoz continúa, entre a brétema, polo Camiño de Santiago. Sumido nos seus pensamentos, avanza pola comarca lucense da Terra Cha, na procura dunha aldea, Bandomil, e chega ata a cabana na que vive unha enigmática anciá, Eleonora. Así arranca “Meigallo” (Pulputure Ediciones), a primeira novela do barquense Miguel Garrido de Vega (O Barco, 1989) na que se adentra no xénero do “terror galego”.

Nesta obra este avogado e escritor fusiona a “literatura de terror ou de horror gótico clásico con elementos modernos e, sobre todo, coas raíces rurais galegas”, como el mesmo explica. O libro está adicado á súa nai, a pintora María Teresa de Vega “Patere”, quen sementou nel a “semente da literatura”.

A través das súas 150 páxinas, “Meigallo” adentra ao lector nunha trama que o atrapa, de forma áxil, chea de sorpresas e creando ambientes moi especiais. O libro pode adquirirse en https://boutiquedezothique.es/terror/725-meigallo.html. Despois desta primeira obra publicada, Miguel Garrido pensa xa en sacar á luz un libro de relatos.

 

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

 

Portada do libro.

Artigos relacionados

Back to top button