OurenseÚltima hora

“Melancoholemia”, de Antón Reixa e Pedro Brandariz, estrearase na MIT de Ribadavia

Terá lugar o vindeiro 25 de xullo na Picuxa, á 1 da madrugada

A Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia acolle a estrea do espectáculo “Melancoholemia”, de Antón Reixa e Pedro Brandariz. Será o vindeiro 25 de xullo á 1 da madrugada na Picuxa.

 

Ficha da actividade.

 

Sobre un texto propio, Antón Reixa, interpreta a un paciente dunha institución mental que recibe aos convidados nunha sesión de “portas abertas”. Segundo os autores “o texto, en clave satírica e na máis pura tradición do teatro do absurdo glosa a chamada “melancoholemia”, a carencia de forma de ser”.

As imaxes de vídeo realizadas por Antonio Segade, baseadas no tratamento de diversas obras da historia das artes plásticas; a música de Cachopu; e a presencia do actor Pedro Brandariz, conforman a posta en escea dirixida polo dramturgo vasco Fernando Bernués.

Artigos relacionados

Back to top button