ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Melchor, Gaspar e Baltasar percorren Trives

Arredor das cinco da tarde chegaban a Trives os Reis Magos. Eran recibidos polo alcalde, Domingo Diéguez, na Casa do Concello. Alí, dende o balcón, o rexedor saudábaos e logo cedíalles a palabra. De seguido, continuaba a cabalgata polas rúas da vila ata chegar ao Auditorio Julio Vázquez, onde as súas Maxestades de Oriente deixaban as carrozas e entraban nesta instalación municipal para reunirse cos máis pequenos. Situábanse no escenario e alí, ían saudando e falando cos cativos que pasaban ao seu carón. Ademais dábanlle un agasallo.

Posteriormente, os Reis trasladábanse ata a residencia da terceira idade de Trives, onde saudaban os maiores.

Fotos: Concello de Trives

Artigos relacionados

Back to top button