ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Melchor, Gaspar e Baltasar chegan a Trives en cabalos

 

Arredor das cinco da tarde deste 5 de xaneiro iniciábase a cabalgata dos Reis Magos na Pobra de Trives, cun percorrido diferente ao doutros anos. Gaspar, Melchor e Baltasar saían dende a Casa da Cultura e achegábanse, da cabalo, ata o Concello trivés, onde eran recibidos pola súa alcaldesa, Patricia Domínguez, así como por unha multitude de nenos e pais. Os seus paxes, polo contrario, viñan nun Rolls Royce.

Unha vez alí, as súas Maxestades dirixíanse ás numerosas persoas congregadas e despois reuníanse cos nenos na praza do Concello. Ademais, durante esta recepción non faltaban as actuacións, entre elas a dun grupo de elfos.

Na organización desta cabalgata o Concello de Trives contaba coa colaboración de José García (cos cabalos), do Ximnasio Trivesport, da Anpa O Recreo, de Protección Civil de Trives e da Policía Local.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button