ConcellosEn portadaGalerías de fotosO BarcoÚltima horaVídeos

Melchor, Gaspar e Baltasar enchen de ilusión e maxia a praza do Concello do Barco

 

Ata a praza do Concello do Barco chegaban ás 18:30h. desta tarde os Reis Magos de Oriente para saudar e reunirse cos nenos barquenses apenas unhas horas antes da visita que realizarán a cada unha das súas casas nesta noite tan especial.

Como sucedía no 2021, nesta ocasión as carrozas de Melchor, Gaspar e Baltasar tampouco percorrían as rúas principais do Barco e optábase por unha cabalgata estática que, dada a situación meteorolóxica, instalábase no interior dunha enorme carpa. Alí de forma ordeada e gardando de forma estrita as distancias e medidas anticovid, ían entrando os cativos xunto ao seus pais para ver de preto aos Reis, que os agardaban nas súas carrozas. Mesmo había algún meniño que aproveitaba para entregarlle en man a súa carta aos Reis.

 

 

Para regular e ordenar o acceso, contábase coa colaboración dos paxes reais e da Policía Local do Barco. As persoas que acudían para ver esta cabalgata estátia formaban unha longa fila no exterior da carpa, que se estendía ata a praza do Príncipe. Gardando as distancias, agardaban a súa quenda para ver aos Reis. A saída da carpa, os cativos eran agasallados cunha bolsiña de caramelos.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button