ConcellosÚltima hora

Melchor, Gaspar e Baltasar percorren Quiroga en orixinais coches descapotables

Tamén saudaron, dende fóra, aos residentes da Residencia da Terceira Idade

 

En coches descapotables. Así percorrían os Reis Magos a rúa central de Quiroga na tarde deste 5 de xaneiro. Pouco antes entregábanlles agasallos aos nenos máis desfavorecidos do municipio, e achegábanse ata o Centro de Día e a Residencia da Terceira Idade, para saudar dende fóra aos residentes, posto que o protocolo anticovid restrinxe a entrada nestes centros de maiores.

E xa en torno ás seis da tarde comezaba o percorrido de Melchor, Gaspar e Baltasar, en cadanseu coche, acompñaádos polos paxes que, provistos de guantes e utilizando continuamente xel desinfectante, entregaban a cada cativo unha bolsa de lambetadas.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button