ConcellosÚltima hora

Melisa Macía asume de novo a alcaldía de Vilariño de Conso

A nova Corporación deste concello está formada por catro edís do PP e tres de AIVIC
A nova Corporación de Vilariño de Conso que preside Melsa Macía.

Ás once da mañá deste sábado 15 de xuño formábase a nova Corporación de Vilariño de Conso, resultado das eleccións do pasado 26 de maio. Está integrada por catro concelleiros do PP e tres da Agrupación Independente de Vilariño de Conso (AIVIC).

Tras a constitución da mesa idade e da toma de posesión dos seus cargos de cada un dos concelleiros, procedíase á elección de rexedor, sendo a popular Melisa Macía Domínguez a candidata que elixida. Deste xeito, Macía inicia un novo mandato á fronte deste Concello, cuxa alcaldía asumía a mediados da pasada lexislatura.

Fotos cedidas.

Melisa Macía, do PP, na súa toma de posesión como alcaldesa de Vilariño de Conso.

Artigos relacionados

Back to top button