ColaboraciónsCulturaCulturaOpiniónÚltima hora

“Mellor con sentidiño”. Conto para despois do confinamento

Unha historia escrita e ilustrada por Estrella Naseiro Rego

 

Ola….!!! Eiquí estamos outra vez. Pasamos meses na casa sen poder saír… Moitas empresas e negocios pecharon as portas… Non se ía á escola …. Non pasaban coches polas rúas…
Todo era moi raro….

A culpa foi dun coronavirus. Un virus é un axente infeccioso que pon moi maliña a xente que se contaxia, pero para protexernos temos un amigo moi especial:
SUPERXABÓN.

O xabón fai que se desactive unha capa de graxa que rodea ao virus e deste xeito sexa máis difícil contaxiarse. Agora retomouse a vida, pero as cousas non son como eran antes. Comezamos a abrir as fiestras e os corazóns.

No conto “Mellor na casa”, pódese ollar o que facían os nosos amigos a tempada que non se podía sair.
Imos dar unha volta ….!!!
Unha aperta…

 

 

A Superxabón gústalle moito o mar.
Sempre que pode vai dar unha volta pola praia.
Leva a súa capa multicolor porque está moi contento de poder sair pola rúa.
… pero dinos a todos que hai que ir con moito sentidiño!!!
O coronavirus aínda non marchou, tardará en marchar, e temos que ter moito coidado de non nos contaxiar… Hai que lavar as mans, poñer a máscara e gardar a distancia de seguridade…

 

 

Rosiña traballa no hospital. É enfermeira e coida das persoas que están doentes.
Tense que protexer para non se contaxiar. Hai moito risco!!!
Temos que valorar moito aos sanitarios!!!… pero tamén a todos os que traballan nos hospitais e centros de saúde!!! Celadores, administrativos, mantenemento, limpeza, cociñeiros….!!!
Todos son imprescindibles!
Moitas grazas…!!!

 

 

Todos somos importantes e necesarios para que as cousas funcionen e saiamos cara adiante…
Durante os meses de confinamento, non soio os sanitarios estiveron a traballar.
Que seria de nós sen o traballo de empresas de transporte, supermercados e tendas de alimentación, granxas, veterinarios…. Corpos de seguridade, bombeiros…!!!

E non podemos esquecer aos mestres e profesores que daban as clases por internet!!!
O señor Paco traballa nunha empresa.
Encántanlle as carretillas!!!

 

 

O Pepiño, o noso amigo pintor, aproveitou un paseo para facer uns bocetos. Agora vai poñer a máscara porque estivo merendando e non podía comer o chocolate e o pan con ela posta.
Cando inaugure a exposición temos que ir ver as súas creacións.
Díxo que ía ser algo moi especial.

Quere poñer os seus cadros polas árbores do paseo para que todo o mundo os vexa!!!
Pero que boa idea Pepiño!

 

 

Don Cociño fai unha comida moi rica e natural!
Está a preparar a masa para facer pasta fresca.
As empanadas son a súa especialidade.
Tamén lle gustan moito as potaxes e os purés…

Sempre di que hai que levar unha dieta equilibrada e saudable para medrar sans e fortes.
Cando queiramos ensínanos a facer un postre con galletas e froitas….!

Que ben! Xa me tarda…

 

As bandeiras que poñen os socorristas na praia son moi importantes.
Hoxe hai bandeira vermella!
Non podemos meternos na auga… é moi perigoso….!!!
Mari Puri e Mari Loli teñen que agardar a que mellore o estado do mar para poder tomar un baño.
Van dar un paseo . Iso está moi ben. Camiñar é bo para a saúde.

 

 

Don Platón é profesor de filosofía no instituto.
Hai que prepararse moi ben para ir á universidade.
Pero tamén hai que estar moi preparados e traballar moi duro para desenrolar calquer emprego.

 


O equipo dos “Zanahorios” foi entrenar no campo de futbol.
Empezaron facendo uns exercicios para estirar os músculos i evitar lesións.
Os deportes en grupo ensinan a formar parte dun proxecto común.

Unhas veces gáñanse partidos e outras veces pérdense. Hai que aprender das dúas situacións.
Que equipo gañará iste partido?
Os “Daquí” ou os de “Acola”?

 

 

Que maravilla! As xemelgas apañaron unhas castañas.
A súa nai preparounas para poder asalas; hailles que facer un corte para que non estoupen.
Que ben se pasa nos magostos!!! As mans quedan todas tiznadas de pelar as castañas.
Este ano hai que comelas na casa para evitar reunións de moita xente.
Todos temos que axudar a que o virus non se propague… hai que ter sentidiño!!!

 

Don Alicate e don Martelo son moi bos mecánicos.
Foron cabo do seu amigo Fernando axudarlle a amañar o tractor que se lle averiou.
Cando remataron , tomaron unhas galletas con café con leite.
Que ricas estaban!!!
Tamén estiveron contado aventuras de cando eran novos e ríronse moito lembrándose das súas historias.

 

 

Cantas cousas hai na mercería! Dona Begoña Cacerola foi mercar uns fíos e unhas agullas. Gústanlle moito as labores.
Fai moitos anos, había costureiras que ían polas casas facendo roupa e amañando prendas.
Tamén se prantaba liño para logo tecelo e coa lá das ovellas calcetaban xerseis e calcetins. Canto traballiño!!!
Nas vilas, a xente mercaba as teas e levávallas ás modistas para facer as saias, vestidos, abrigos , pantalóns…. ata a roupa interior facían!!!
Agora é moi doado; vaise a tenda e hai moitos modelos e tallas…

 

Mara e Xavi van á biblioteca devolver uns libros.
Cando voltan da escola fan as tarefas e despois teñen un tempo para as súas cousas.
Desfrutan da lectura e tamén lles gusta escribir pequenos contos.
Os libros son os nosos amigos!!!

 

Hai que ser persoas limpas e coidar moito a hixiene persoal.
Dona Herminia deuse un baño e lavou a cabeza.
Puxo uns rulos para darlle xeito ao peiteado.
Vai sair facer uns recados e ten que poñer a máscara e gardar a distancia de seguridade.

 

A doutora vixia que se cumpran os protocolos para evitar os contaxios.
Todo o mundo os coñece…!!!
Superxabón está moi ledo porque a xente é moi reponsable e , anque sempre hai algunha persoa que non fai ben as cousas, el está disposto a decirlle o que é mellor para non se contaxiar.
No parque está todo correcto…!!!

 

Os labregos, os mariñeiros e os gandeiros son moi importantes nas nosas vidas. Da terra e do mar saen os alimentos que nos fan medrar sans e fortes.
Dos montes e os bosques obtemos materias primas para facer medicamentos…
A natureza coida de nós e nós temos que coidar dela…
Hai que protexer as árbores, os ríos, os animais, o ar, o sol, as nubes…
Antón achegouse ata a súa horta visitar as cabazas que xa van moi grandes.

 

 

Os rapaces do coro foron ensasiar á beira do río.
Ata os patos achegáronse para oilos cantar!!!
A música sempre está presente nas nosas vidas.
Nos conservatorios podemos aprender canto e a tocar moitos instrumentos.
Polas nosas vilas e ciudades hai agrupacións culturais que manteñen viva a música e os bailes tradicionais: diste xeito, a nosa identidade non desaparece.
Cando teñamos a oportunidade, temos que ir á ópera e a zarzuela, a festivais de todo tipo de estilos musicais, a ballets,a danza, a recitais de poesía, a teatro… O traballo dos artistas é moi importante. Pasan anos estudiando e practicando o seu arte.
Viva a cultura…!!!

 

Dona Cefeteira, a nosa amiga costureira, colleu as súas gafas de sol e a toalla e marchou para a praia. Deixou na casa a máquina de coser…
Botou crema protectora para non se queimar co sol e pasou o día encantada da vida.
Entretívose ollando como a xente tomaba un baño no mar ou facía surf.
Os nenos xogaban na area cos cubos e os rastrillos ou pescaban cangrexos entre as rochas.
Hai que ter moito coidado no mar e facer caso ás indicacións dos socorristas.

 

O “Camiño de Santiago”conta cun peregrino moi especial.
Don Calabazo está percorrendo o norte de Galicia e achegouse á Coruña para coñecer a cidade.
Todos os anos, moita xente percorre os distintos camiños que conducen a Santiago.
Cando o 25 de xullo, día de Santiago, cae en domingo, chámase “Ano Santo”.
2.021 é ano Xacobeo.

 

Para coidar ben do noso planeta é fundamental producir pouco lixo e reciclar cada material no seu correspondiente contenedor: No azul vai o carton e o papel, no iglú verde o vidrio, no amarelo o plástico, as latas e os briks e no de cor verde o resto do lixo.
Nós podemos axudar aos servizos de limpeza procurando non tirar nada no chan, recollendo a caca dos cans e deixando todo ben ordenado.
Hai que coidar o mobiliario urbán porque as prazas e as rúas son de todos.

 

No ano 1.992 celebráronse os XXV Xogos olímpicos da era moderna.
O facho olímpico co lume que prendeu en Barcelona foi levado por deportistas ao longo de moitos kilómetros por toda España.
Don Repolo foi portador e hoxe quixo facerse unha foto para lembrar aquel día.Facer deporte é unha actividade moi recomendable para a xente de todas as idades.

 

 

Moito lles tardaba aos irmás Pimentiños ir xogar nos columpios do parque!!!
O que máis lles gusta é gabear polas cordas.
Levan posta a máscara para se protexer do coronavirus. Non se queren poñer maliños nin pasarlle o virus a alguén da familia.
Tamén lavan as mans e gardan a distancia de seguridade cos compañeiros na escola.
Seguen as instruccións dos mestres no colexio porque iso é o mellor para todos.
As nosas vidas non son como eran fai un ano, pero imos abrindo camiño.

“Mellor con sentidiño” é un conto para ollar en familia e reflexionar  É o pé para falar do que aconteceu hai uns meses e do que estamor a vivir. Agardo que lles guste. Foi creado con moito agarimo e a complicidade de todas as personaxes que aparecen no conto.

Un bico moi moi grande…

Estrella Naseiro Rego

Artigos relacionados

Back to top button