PolíticaÚltima hora

Mellora do tramo da estrada OU-0704 entre Trives e Chandrexa

Publicado no BOP de Ourense a relación de propietarios e os metros cadrados afectados pola obra
Imaxe da Estación de Montaña de Manzaneda. /Foto: Carlos G. Hervella.
Imaxe da Estación de Montaña de Manzaneda. /Foto: Carlos G. Hervella.

O 10 de abril de 2015, saía publicado no BOP de Ourense a relación de propietarios e os metros cadrados afectados para a mellora e a finalización do tramo da estrada OU-0704, que dá acceso á Estación de Montaña de Cabeza de Manzaneda dende A Pobra de Trives.

Dende o Partido Popular do concello trivés, informaban da nova, así como da convocatoria feita polos técnicos da Deputación “a tódolos afectados para o vindeiro día 23 de abril na Casa do Concello, para que se proceda ao levantamento das actas previas á ocupación e pago ou consignación dos depósitos previos, ás horas que se sinalan no BOP, citándose aos propietarios dos bens para ocupar, e calquera outro interesado no procedemento, para que se presenten na Casa do Concello da Pobra de Trives, os días e horas que sinalan anteriormente”.

Artigos relacionados

Back to top button