OurenseÚltima hora

Mellorarase a rede de saneamento en varias zonas de Xinzo próximas ao parque do Toural

Realizaranse melloras na condución e no tratamento das verteduras "da zona do antigo matadoiro, avda de Portugal, estrada de Baltar, piscinas municipais e pavillón”, explicaba hoxe en Xinzo o presidente da CHMS xunto á alcaldesa

Publicidade
Visita do presidente da CHMS a Xinzo de Limia./ Cedida.

O presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), José Antonio Quiroga, e a alcaldesa de Xinzo de Limia, Elvira Lama, visitaban esta mañá a zona na que se executará un novo proxecto de saneamento; durante o percorrido, comprobaron “in situ” a problemática actual de verteduras recorrentes ao leito cos técnicos e a empresa redactora.

O obxectivo do proxecto é eliminar as verteduras ao río Limia na zona do antigo matadoiro Rubio, así como os procedentes das construcións situadas nas marxes da estrada de Baltar e avda de Portugal, e doutras construcións na marxe esquerda do río Límia, das piscinas municipais, pavillón e instalacións deportivas.

Os actuacións proxectadas contemplan o cruzamento subterráneo do río Limia a través dunha finca, as conducións necesarias e 2 bombeos para conectar coa rede municipal no parque do Toural.

“Estas actuacións completaranse cunha senda peonil e un carril bici, separado da zona de paseo peonil, por ambas as marxes do río, entre as pontes da ctra. de Baltar e da rúa Sitibal” concluíu o presidente

A redacción do proxecto, contratada á empresa Antea por importe de 45.000 €, ha de estar finalizada no prazo máximo de 6 meses.

Prevese que as obras poderían comezar no primeiro trimestre do próximo ano.

Artigos relacionados

Back to top button