ConcellosÚltima hora

Melloras en varios centros escolares do oriente ourensán

A Deputación e a Xunta asinan un convenio de colaboración para o programa de obras en 36 colexios da provincia de Ourense
CEIP Otero Pedrayo en Viloira (O Barco de Valdeorras).
CEIP Otero Pedrayo en Viloira (O Barco de Valdeorras).

Tres centros da comara de Valdeorras (CEIP Ramón Otero Pedrayo, no Barco; CEIP Manuel Respino, na Rúa; e CEIP Virxe do Camiño, en Rubiá) e o CEIP de Manzaneda, beneficiaranse do protocolo de colaboración que o presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar e o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, veñen de asinar para a coordinación da programación das obras de reparación, conservación, mantemento, reforma, ampliación e mellora dos centros públicos de Educación Infantil, Primaria e Especial da provincia de Ourense, cuxo importe total ascende a case 644.000 euros.

Ao abeiro deste acordo financiaranse as obras en varios centros de ensino da provincia de Ourense. Ademais dos do oriente ourensán, no acordo están tamén incluídos o CEIP Filomena Dato (Barbadás), CEIP Pena Corneira (Carballeda de Avia), CEIP de Castrelo do Val (Castrelo do Val), CPI Virxe dos Remedios (Castro Caldelas), CPI Laureano Prieto (A Gudiña), CEIP Serra do Xurés (Lobios), CEIP Augusto Assía (A Mezquita), CEIP Joaquina Gallego Jorreto (A Merca), CEIP Carlos Cid Arregui (Rairiz de Veiga), CEIP Ben Cho Shey (Pereiro de Aguiar), CPI Virxe da Saleta (San Cristovo de Cea), CEIP Rodolfo Núñez (Vilardevós) e CEIP Vázquez Portomeñe (Xunqueira de Espadañedo). Completan a relación catro na cidade de Ourense: CEIP de Mariñamansa, CEIP Albino Núñez, CEIP A Inmaculada, CEIP Manuel Luis Acuña e CEIP de Seixalbo.

Tal como avanzan dende a Consellería de Cultura, no caso de que o obxecto das obras sexan as instalacións deportivas dos centros docentes, estas poderán ser abertas ao uso xeral da poboación fóra do horario lectivo para fins educativos, deportivos e culturais sempre que non se interfira na programación das actividades dos centros e que se garanta a súa correcta utilización.

Artigos relacionados

Back to top button