ConcellosÚltima hora

Melloras en vías e outros servizos na área do Xeocampig Montañas do Courel, en Ribas de Sil

 

Proximamente comezarán as obras de urbanización e humanización da parcela do “Xeocamping Montañas do Courel” situado en San Clodio, no municipio de Ribas de Sil. Nelas está previsto un investimento dun 70.100 euros (aportado polo Concello e pola Xunta) para “continuar coa súa aposta por este espazo que está chamado a ser un elemento dinamizador do desenvolvemento turístico, social e cultural do municipio”. Así o dicía esta mañá o delegado territorial de Lugo da Xunta, Javier Arias, durante unha visita realizada a este recinto xunto co alcalde de Ribas de Sil, Miguel Ángel Sotuela.

A nova actuación está cofinanciada nun 70% pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a través do plan Hurbe, mediante un convenio polo que o concello asumiu a elaboración do proxecto e o departamento autonómico a contratación da execución e dirección das obras.

 

 

Os actuais traballos consistirán na mellora dos accesos ás actividades didácticas do exterior do Museo da Minería Aurífera; a modificación da entrada aos vestiarios e a mellora de vías en xeral, formando sendeiros peonís en lousa de cuarcita para o acceso aos bungalows.

Tamén se levarán a cabo actuacións de xardinaría e de instalación de rego automático e a canalización da rede de iluminación e alumeado, así como a formación dunha área de servizo para autocaravanas e aparcadoiro interior. Igualmente, instalarase mobiliario urbano, como bancos, papeleiras, fontes e sinais verticais. O prazo de execución das obras será de tres meses.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button