OurenseÚltima hora

Melloras no CEIP Mariñamansa de Ourense

O investimento para as obras ascende a 14.000 euros
Visita do delegado da Xunta ao CEIP Mariñamansa de Ourense.
Visita do delegado da Xunta ao CEIP Mariñamansa de Ourense.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, visitaba na mañá do 14 de xaneiro, o CEIP Mariñamansa da capital para comprobar as obras de mellora realizadas pola Consellería de Cultura e Educación.

Tal como explican dende a consellería, os traballos consistiron na reparación dunha avaría eléctrica e na centralización de contadores, amais de realizarse melloras no que atinxe aos aseos de persoas con discapacidade. Estas actuacións supuxeron un investimento de 14.000 euros.

Asemade, o colexio acaba de recibir un dos kits de aula dixital, composto de encerado dixital e proxector, que a Xunta distribuíu en centros educativos das catro provincias galegas ao abeiro do convenio trilateral asinado co Ministerio do ramo e máis coa entidade pública empresarial Red.es para o desenvolvemento de servizos públicos dixitais no marco do programa “Educación en Red”.

Durante o seu percorrido polo centro, o delegado territorial estivo acompañado pola xefa territorial do Consellería na provincia, Mercedes Gallego; pola xefa de estudos do CEIP, Lidia Selas; e por membros do equipo docente.

Artigos relacionados

Back to top button