ConcellosManzanedaÚltima hora

Melloras no parque infantil do barrio do Pendón en Manzaneda

O parque tras as obras de mellora realizadas nel.

 

Dende primeiros de novembro os máis pequenos xa poden volver a desfrutar do parque infantil do barrio do Pendón de Manzaneda. Nel xa finalizaron as obras de mellora que se estaban a realizar nel polo “mal estado das instalacións, como consecuencia do desgaste provocado polo uso e as inclemencias meteorolóxicas”, segundo o Concello de Manzaneda.

Dende esta administración local quérese ofrecer “un xogo seguro e sen perigo para os máis pequenos da casa, polo que comunico a todos que a partir do 5 de novembro xa poden desfrutar do mesmo, sempre seguindo as medidas recomendadas por Sanidade (distancia, mascarilla, lavado de mans, etc) fronte ao Covid”, en palabras do seu alcalde, Amable Fernández.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button