OurenseÚltima hora

Melloras Residencia xuvenil Florentino López Cuevillas, en Ourense

A directora xeral percorreu as instalacións e puxo en valor as reformas levadas a cabo durante o verán cunha achega de máis de 73.000 euros

 

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou hoxe aos usuarios da Residencia xuvenil Florentino López Cuevillas, onde saudou aos novos residentes que durante este mes de setembro se foron instalando con motivo do inicio deste novo curso 2021-2022. Nesta visita estivo acompañada polo delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén.

A directora xeral percorreu as instalacións e puxo en valor as reformas levadas a cabo durante o verán cunha achega de máis de 73.000 euros. As obras estiveron centradas no acondicionamento das instalacións, na creación dunha biblioteca, no cambio da fontanería, entre outras remodelacións dos espazos. Ademais, Cristina Pichel tivo a oportunidade de charlar e coñecer aos colaboradores bolseiros desta residencia, cos que analizou as diferentes iniciativas que se realizan para dinamizar o centro.

Artigos relacionados

Back to top button